IFEVI

NovasSuscripción Boletín

EFREN REYES ARRASA NO SPANISH OPEN QUE SE CELEBRA NO IFEVI

[28/06/2010]

As semifinais xa prometían un grande desenlace do Spanish Open, a primeira disputada entre Rodney Morris e Niels Feijen finalizaban co holandés clasificado para a final.

Por outro lado os compatriotas Efren Reyes e Francisco Bustamante batíanse a do pola praza da final cun dos partidos máis seguidos da xornada.

A partir das 10 da noite o "Bata" Reis e o holandés enfrontábanse nunha partida que foi seguida de xeito multitudinario non só nas bancadas do IFEVI, senón na casa de todos os afeccionados do billar que non puideran viaxar a Vigo a gozar dos mellores xogadores do mundo do billar.

POOL_FINAL_02


Finalmente Efren Reyes conseguía a vitoria coa maioría do público ao seu favor, e é que durante os días da súa visita foron moitos os afeccionados que tiveron a oportunidade de charlar e xogar contra o mellor xogador da historia do pool.

O Spanish Open e Efren Reyes, a grande estrela do pool mundial en Vigo


A grande semana do billar pool dió o pistoletazo de saída o luns 21 de xuño a partir das 17:00 horas no Instituto Feiral de Vigo. Unha semana cargada de competición, nervios e emoción que arrancaba co Spanish Open.

Este torneo, recoñecido xa a nivel mundial, contaba coa participación da grande elite do pool universal, Niels Feijen, Oliver Ortman, Rodney Morris, entre outros moitos visitaron a cidade de Vigo, pero foi sen lugar a dúbidas a chegada do filipino Efren Reyes a que máis interese a espertado entre profesionais e afeccionados do pool en España.

POOL_FINAL_04


O grande xogador de pool, considerado como un dos mellores do mundo, participou tanto no Spanish Open como en al de Parejas que se celebra tamén o 24 e 25 xunto co seu inseparable compañeiro o tamén filipino Francisco Bustamante. Xuntos forman a parella máis temida do billar en todo o mundo e competirán en Vigo esta semana.

O Spanish Open celebrado ata o mércores 23 de xuño contou con 30.000 euros de premios e despois de varias edicións cun grande éxito de participación pódese dicir que o torneo se consolidou dentro do calendario billarístico de cada tempada.

POOL_FINAL_03

Próximos Eventos...
Retroceder un mesSetembroAvanzar un mes
L M Me X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Descargar Listado Anual de Eventos
VIGOLANDIA
MUESTRALO 2009
MARVA
:: Avda. do Aeroporto, 772 :: Cotogrande :: 36318, Vigo :: Pontevedra ::
:: Tlf. +34 986 486 144 :: Fax. +34 986 486 071 :: info@ifevi.com ::